11.7 C
Santa Comba
viernes, diciembre 8, 2023

Vieiros e vieiras. Historias de peregrinos

O novo disco de Luar na Lubre estará adicado ao Camiño Xacobeo.

O fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero, desvelou durante a presentación do proxecto “Terras do Vákner” no concello de Dumbría, o titulo do que será o décimo noveno disco do grupo:”“Vieiros e vieiras. Historias de peregrinos”.

O traballo editarase para abril de 2020. “Daremos a coñecer este tipo de historias que no mundo teñen un valor importante” apuntou Romero. Todas serán pezas relacionadas co Camiño de Santiago.

Unha canción para as Terras do Vákner

A canción que abrirá a produción será a que está adicada ao Vákner, que se presentou nas xornadas da pasada fin de semana na súa versión musical. Pero terá letra e será cantada pola artista vimiancesa Irma Macías.

Xunto con Bieito Romero e Irma Macías, forman parte de Luar na Lubre, Antía Ameixeiras, Patxi Bermúdez, Pedro Valero, Xavier Ferreiro e Xan Cerqueiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos