Xan Martínez, coñecido no mundo artístico como Xan Solo, leva nove anos como profesor de teatro en terras xalleiras. Afronta un novo curso na Escola de Teatro que coordina a asociación Sen Cancelas, co apoio do concello de Santa Comba.Nesta ocasión hai dúas opcións, teatro e expresión corporal.
Entrevista con Xan Martínez desde el minuto 60 de este audio
Sobre as ensinanzas afirma que “desde o amor ao noso propio corpo sae todo”. Aclara que “non queremos facer exercicios, nin é un deporte. Cada persoa pónse os seus propios límites. O importante é o proceso e potenciasr que todos somos diferentes”.
Experiencias que marcan e inflúen positivamente a moitas persoas de distintas idades, ao marxe das actuacións en público:”Hai un proceso moi grande ata subir a un escenario”. Na sintonía de Radio Xallas, Xan Martínez convidou a inscribirse nas escolas para coñecer este apaixoante mundo do teatro.
O polifacético artista tamén escribe as obras de teatro das distintas seccións de Sen Cancelas Teatro. O sábado, ás 9 da noite, no multiusos actúa o grupo xuvenil coa obra “Co paso do tempo”.
Os “maiores” xa traballan nunha obra “poliédrica” que se chamará “Historias nun bar”, que colle o relevo de “2010”, que xerou boas críticas.
“Fago obras á carta, e penso na persoa que vai a recibir ese guion” confesa Martínez, que agradeceu o apoio tradicional de todo a a xente de Santa Comba.