5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Pedro Brandariz:”O humor non é unha ciencia matemática, hai que gañarse ao público”

Xosé Manuel Lema. Entrevista con Pedro Brandariz a partir do 1:31:00(minuto 91) do audio

Pedro Brandariz é ese tipo co que te escarallas de risa cando vas a un espectáculo seu. Non defrauda. Pero tamén cando a coñeces dáste conta que é unha persoa humilde, cercana e entusiasta do que fai.

Encontrámonos “Na Encrucillada” de Radio Xallas fai uns días. Acababa de actuar na biblioteca de Santa Comba para 160 nenos. Ese público complexo:”Os nenos non teñen filtro, se algo non lles gusta pronto desconectan. Tes que engancha-los desde o principio”. E Pedro meteunos no peto con “Non máis princesas”.

«Cada actuación é diferente, e isto motiva e divirte»

A comedia non é un terreo doado:”Isto non é unha ciencia matemática, hai que gañarse ao publico, que pode estar moi a favor de obra pero se non consigues conectar…” explica Pedro.

Cada actuación é un mundo:”Hai moitas variables, como estás ti, o público, o local no que actúas.Cada actuación é diferente, e isto motiva e divirte”.

Pero Brandariz ten claro que este é o seu mundo. E iso que o seu camiño inicial era o da ensinanza:”Eu sempre fun moi simpático pero tardei moito.Quería ser mestre e estudiei maxisterio. Pero empecei a facer teatro aficonado, descubrín o clown e o humor e xa vin que era o meu”.

Nótase que lle gusta moito actuar:”Eu vivo por e para a comedia.Tes que formarte e facer moitas actuacións. Prefiro ter un caché e actuar moito que ter un caché alto e estar na casa”.

«Contos de michos»

Agora acaba de presentar o seu novo espectáculo “Contos de michos” na Rúa dos Contos de Carballo. “Son contros protagonizados por gatos. Un universo moi curioso. É un animal moi curioso que ten moita fantasía ao redor”.

O humorista non dubida en resaltar o excelente premio que é a aprobación do público:”Cando ves que funciona un chiste reconforta”.Segue “on the road” Pedro Brandariz, o tipo ese que nos fai rir a esgalla.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos