9.6 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 30, 2022

Isabel Blanco recibiu o premio Celanova Casa dos Poetas

A actriz e presentadora xalleira Isabel Blanco recibiu o premio Celanova Casa dos Poetas na súa 35 edición., concedido pola Fundación Curros Enríquez, nun acto desenvolvido na horta da Casa dos Poetas e que contou coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, do director xeral de políticas culturais, Anxo Lorenzo e do vicepresidente da Deputación provincial de Ourense, Rosendo Fernández.

Iasabel Blanco, recibiu a medalla de prata coa imaxe da fachada da casa e a letra C, que lembra a Celanova, Curros, Celso(Emilio Ferreiro) e a Castor Elices. Tamén lle entregaron gravado e asinou no libro de honra da entidade.Antes do acto houbo unha ofrenda floral diante do monumento de Celso Emilio Ferreiro no seu corenta cabodano.

«Un premio significativo da nosa galeguidade»

Isabel Blanco expresou o seu “eterno agradecemento” por recibir “este premio tan significativo da nosa galeguidade” e non ocultou sentirse “sobrecollida e emocionada por tanto cariño recibido”.

A actriz dixo estar “tremendamente honrada” despois de escoitar a semblanza que o xornalista e escritor Miguel Anxo Fernández fixo dela.
Blanco participou en películas como “2 francos, 40 pesetas” ou “O Lapis do carpinteiro” en series de televisión como “Mareas Vivas” ou “Casa Manola” e presentou programas televisivos como “A repanocha” ou “As viaxeiras da Lúa”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos