10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Heredeiros da Crus pechou a súa xira en Santa Comba e prepara o lanzamento dun novo disco

Os Heredeiros da Crus pecharon a súa xira “25 Anos” cun concerto en Santa Comba, con motivo da primeira edición do Rock in Xallas, e compartindo cartel con Grand Soul Band e Collón de Lola. 

Javi Maneiro, Tonhito de Poi, Fran Velo, Tuchiño e Manu Rey atopáronse a un público entregado e que nun número importante coñecía os seus clásicos como “Que jallo é”, “ Quero Josar”, “ Non quero nada de ti”, “A chaqueta de lana” , “O pastor alemán” ou “Non che teño medo”. 

A complicidade do público permitiu a interactuación cos músicos, á hora de cantar estribillos e respostar ás preguntas que lanzaban desde o escenario. A descarga de rock and roll mesturouse con momentos cómicos.

No concerto non faltaron os momentos reivindicativos, a favor do rock galego e en contra dos incendios e do proxecto da Mina de Touro. Seguidores de Heredeiros de Crus desprazáronse desde diferentes puntos para gozar dun concerto gratuito ao aire libre, organizado pola comisión de festas de Santa Comba có apoio do concello e da Deputación provincial coruñesa.

Á espera do novo disco de Heredeiros 

O pasado venres en Radio Xallas, Tonhito de Poi falou do novo disco e foi tallante:”Agora sae o mellor disco de Heredeiros con diferenza. Con mellor son, máis brutal e máis cañero”. O músico asegurou que os membros do grupo “quedamos moi contentos” co resultado dun traballo que “superou as nosas expectativas”. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos