9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Heredeiros da Crus:”Temos moitas ganas de tocar en Santa Comba”

Tonhito de Poi falou en Radio Xallas

Entrevista a partir do minuto 30 do audio

Heredeiros da Crus están nun momento doce e así o recoñeceu o carismático Tonhito de Poi nunha entrevista en Radio Xallas: ”Non damos crédito. É impresionante, concertos completamente  excepcionais e multitudinarios, rock and roll ao maximo nivel, estamos disfrutando moito”.

Con respecto á participación este sábado no festival Rock in Xallas, asegurou que “temos moitas ganas de actuar aí. En Santa Comba vaise xuntar a fame coa gana de comer. Estamos ansiosos, deseosos, e gustosos de repartir estopa dura”.

”Nunca Heredeiros sonou tan ben na súa historia”.

Na entrevista no programa “Na Encrucillada” que presenta Xosé Manuel Lema, Tonhito de Poi foi contundente:”Nunca Heredeiros sonou tan ben na súa historia”.

Pensa que o parón de varios anos sentoulles ben:”A banda non perdeu nada da súa tolería pero está a un nivel brutal”. Tamén resaltou a conexión coa xente moza:”Enganchamos a chavalería que son os que se poñen diante das vallas do palco. Son manadas de raza loba que nos siguen por todos os lados”.

Heredeiros da Crus actúa esta sábado 7 de setembro no Rock in Xallas, acompañado por Grand Soul Band e Collón de Lola.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos