7.4 C
Santa Comba
jueves, diciembre 1, 2022

«Áncoras»

Poema de Xosé Manuel Lema- 

 Áncoras na dársena do esquecemento,

 memoria confusa de vivos,

 herdanza escumosa dos mortos, 

gaivotas que devoran restos da última xornada, 

olladas de neno, entre redes, fatigadas.

 

 Crónica dos lobos do asexo. 

Tabernas que non durmen, 

eructando efluvios de caña tostada, 

espacios delimitados, 

que habitan homes de soños murchos, 

de peixes mollados na popa, 

ardentía que se espella nas augas, 

vals de mareas bastardas. 

 

Estas son as luces que vos acompañan, 

que arrolan o voso berce azul, 

onde estalan as estrelas que calan o misterio, 

dos arrós e da tempestade, 

das sereas que se sentan no temón, 

dos versos que sempre gardaredes no interior. 

 

Sabedes que o Mar ten moitos camiños,

 encrucilladas impalpables, 

pedras mutiladas, o Mar ten áncoras invisibles,

 que se rehabilitan nas vosas memorias.

 

 Estradas de sal, 

con aves policías,

 Costa da Morte, 

eterna solfa de despedidas.

 

Este poema obtivo o premio Colonial Café 2006 en Cee

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos