Esta primeira edición da feira do libro celebrase no Museo de Arte Contemporánea «Costa da Morte». Xoves 4 e venres 5 de Xullo tivo e terá lugar este evento literario Están convidados os escritores Villo Argumenez, María Suárez, Suso Lista, Maria Canosa, Miquel Sen Tato, Concha Blanco e Oscar de Souto. Asinarán libros o día 5 a partir das 17:00 h.
Ademais haberá lecturas de Zaira Cormale, Julia Ures, e Lidia Blue « cantante cordobesa». Haberá unha actuación dun grupo de músicos locais «Leite de Postureo» , uns nenos de Ponteceso con inquietudes musicais.
O museo «Costa da Morte», coñecido co alcume de «Torre Pujales», para darlle pulo, visibilidade e utilidade acolle este interesante evento albergando a obra pictòrica de Julio Pujales, ademáis de obras de destacadísimos persoeiros como Colmeiro, Eduardo Arroyo, Santos Díaz, Sevillano, José Menéndez e Antonio Saura, entre outros.