Susana Seivane, Celtic Social Club, Fourth Moon, e Tide Lines, entre as referencias musicais do festival.
O cartel da XXXVI festa da Carballeira de Zas xa foi presentado. Este pasado martes a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, o director do festival, Fidel Otero, e o responsable de patrocinios de Estrella Galicia, Víctor Mantiñán, xunto coa gaiteira Susana Seivane, encargáronse deste acto público.
Goretti Sanmartín animou á participación na festa, “que todo o mundo acuda e vaia para recuperar os valores tradicionais nun escenario de música de sempre”.Para Seivane era “unha débeda pendente” estar neste evento.
Atractivo cartel de actuacións
Nesta edición actuarán Susana Seivane, Tanxugueiras, Baiuca, Dakidarria, Perfusión, Monoulious Dop., Korrontxi, Os Farrapos, Vudú, Celtic Social Club, Fourth Moon, Tide Lines e as regueifeiras Alba María e Lupe Blanco.
O festival terá lugar o 2 e o 3 de agosto. As entradas xa se poden mercar na páxina festadacarballeira.com ou de Ticketea a un prezo de saída de 10 euros. Este ano un euro de cada entrada mercada vía online terá como destino a Fundación Íntegro.