14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Rodando unha película na nosa costa

Óscar de Souto

Un equipo de rodaxe desplazouse, en datas recentes, ata a Vila Laxense e ata Cee para rodar escenas que teñen a Costa da Morte como escenario e tamén contan con algún actor da nosa rexión.E unha curtametraxe que sucede na época do Prestige. A historia é unha escusa para reflexar a parte mais traumática daquela época. Unha nai vai na procura da súa filla adolescente a Laxe. 

No seu deambular pola vila atoparase con xente coa que non se falaba e cunha desagradable sorpresa na ermita de Santa Rosa. O nome provisional da curta é «Mariña». A protagonista é Isabel Vallejo, actriz de dobraxe da TVG, coñecida por poñer voz a Jennifer López e Hillary Swank, entre outras.

O único concello que os apoiou, de momento, foi o Concello de Cee …..e en especial o seu técnico de cultura Victor Castiñeira. De Cee é a banda sonora tamén, a cargo de Fernando Fraga, director do conservatorio de Cee. O guión e a dirección son de Federico Rioboo, de Neaño, natural de Cabana de Bergantiños. 

Seguiremos moi de preto a evolución desta curtametraxe, unha gran iniciativa para visualizarnos a través do cine e dar a coñecer mais a fondo unha parte da historia da Costa noroeste de Galicia. Ogallá xurdan mais ideas similares para dinamizar este pequeno paraiso verdescente.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos