10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

“Os ritmos bailables” con sabor a Santa Comba

Nesta gravación aparecen temas recollidos nas parroquias de Bazar e Santa Sabina.

Por erro no disco aparece Amadeo, pero é Jesús Amadeo Blanco «O Cubaleiro»

Grazas ao mestre gaiteiro Pablo Seoane Méndez, chegaba a min unha produción musical que considero de grande valor, que compre divulgar. A obra discográfica “Os ritmos bailables”, de Tecnosaga, que inclúe temas tradicionais recollidos en distintos puntos de Galicia.

Fai tres décadas Tecnosaga editaba un casete, co traballo de recompilación de M.Santamaría, J.MªAlonso e Carlos Rey.En 1997 publicábase como CD na colección “La tradición musical en España”.

Santa Sabina e Bazar

Neste volume o concello de Santa Comba ten un protagonismo moi relevante, empezando pola parroquia de Santa Sabina onde se recollen as pezas tradicionais “toque a festa”, protagonizada polo Manuel e Luis Ferreiro Lois, ou un pasodobre, unha muiñeira vella e unha polca, recollidas no lugar do Mato da informante Josefa Lois Ameijeiras.

Na parroquia de Bazar recolectouse a “Muiñeira riscada” de Ángel Vilas e Josefina Redondo, a “Muiñeira ribeirana” ofrecida por Jesús Amadeo Blanco, ou unha xota interpretada por Josefina Rosendo e María A. García. No disco hai un erro tipográfico xa que en realidade falamos dun veciño moi lembrado Jesús Amarelle Blanco «O Cubaleiro», tamén coñecido como Pastor.

Na provincia coruñesa tamén se seleccionan temas localizados en Anxeriz(Tordoia) e reproducidos por Soledad Suárez Resende, Manuela Fraga, Josefa Loureiro Peña, Sofía García Pereira e María García Suárez; ou en Bembibre(Val do Dubra), cunha Mazurca, informada por Flora Vázquez Caneda.

Brañas Verdes, terra fértil de cantigas

Un total de catro pezas recollidas no lugar de Brañas Verdes, no concello de Camariñas.Alí Elisa Blanco Lema interpreta unha xota, un agarrao e un valse corrido. E Modesto Gómez Villares recupera unha rumba.

Sen dúbida estamos ante un documento sonoro de relevancia que amosa o noso patrimonio, grazas a iniciativa duns investigadores e ao soporte dunha casa discográfica que recibiu distintos premios pola súa impagable labor.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos