16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Tania Yáñez, buscando o sentimento máis puro na natureza

@xmlema// Audio coa entrevista a Tania Yáñez Castro. Desde o minuto 8 deste audio.

“Inspírame a natureza e tiven a sorte de nacer da Costa da Morte”. Esta é toda unha declaración de principios, da esencia dos versos de Tania Yáñez Castro.

Escribe desde cativa pero non se atreveu a ensinar os seus versos ata fai un par de anos. Agora espalla a súa voz na páxina de Facebook “Paixón entre Almas”. Vai convertendo en poemas as súas experiencias vitais e os sentimentos. Rosalía de Castro, Manuel María e Castelao son tres referencias para esta moza de Xaviña(Camariñas).

Boto polo rabiño da porta

as primeiras pegadas florais

restrégome en pó dourado

e perfúmome con cheiro de frescura.

Esquecínme de por o refaixo

as catiuscas arroupeinas no trasteiro

e ben sacudido saquei

o mandil das novas margaridas.

Os xílgaros pillabáns

agárdanme como en cada primavera

polas migas de pan reseso

pra comezar cunha nova xirandela.

 

O mar, referencia de liberdade

“Sempre me mergullo na natureza, ese é o sentimento máis puro” comenta Tania Yáñez, que recoñece que non é moito de corrixir nin facer “tachóns” porque “cando collo o bolígrafo o sentimento está a flor de pel”.

Dicir Costa da Morte é como sentir a escuma do mar na pel e polo tanto é lóxica esta reflexión da poeta:”O que máis me fai sentir é mar, porque é unha referencia de liberdade, de explosión”.Entre os seus soños, está poder publicar un libro.

Que fermoso! 

O doce sabor dun sorriso 

a cor dunha mirada sen cortinas

o silencio de dous corazóns unidos 

e o quererse sen barreiras imaxinarias.

Valioso agasallo que nos dá a vida!

Coma un tesouro arroupado pola terra 

regado gota a gota cando o orballo 

e a man de todo transeúnte neste curto andar.

Que vai ser senón o amor!

A paixón polo que latexas 

a persecución dos soños soñados

a loita inagotable ante as caídas.

Quererse.

Amarnos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos