9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

“Toda a comarca do Xallas e un dos lugares máis fértiles de toda Galicia en canto á tradición oral”

@xmlema // AUDIO coa entrevista a Pablo Seoane a partir do minuto 64 do programa.

O gaiteiro Pablo Seoane Méndez leva 19 anos se profesor en Santa Comba. E tamén de recolector de pezas e cantigas. É un dos referentes da música tradicional, polo que sempre é interesante conversar con el.“Toda a comarca do Xallas e un dos lugares máis fértiles de toda Galicia en canto á tradición oral” comenta o artista de Cacheiras nunha entrevista que lle fixen en Radio Xallas.

Terra de gaiteiros e bailes propios

Tamén valora que “esta tradición foise transmitindo” a aínda se conserva nunha zona onde “houbo moito gaiteiro” e que conta cun “estilo moi propio” no baile.Hai feitos históricos que marcan e que se incrustan na identidade dos pobos. No caso de Santa Comba a mina de wólfram de Varilongo está tatuada.”A mina marcou moito xa que se exportou e se absorbeu unha cultura”. Isto provocou que neste territorio sobreviviran no tempo ata coplas portuguesas.

«Os gaiteiros son parte da festa»

Pablo Seoane é un defensor do gaiteiro con maiúsculas, somo símbolo dun pobo, que foi respectado pasou por unhas décadas escuras. Agora a cousa vai mellor, pero queda por avanzar.“Os gaiteiros son parte da festa, veñen a tocar. Non veñen de recheo aínda que non apareza o seu nome nos carteis das festas” comenta .

Nesta entrevista o acreditado gaiteiro falounos do novo espectáculo de “Ximiela” que el dirixe. “Raigame” estreouse con éxito. O 13 de abril presentarase na Picota(Mazaricos) e o 17 de maio en Negreira. 

Tamén nos falou dos preparativos do festival intercéltico de Lorient, do que Pablo Seoane é o delegado en Galicia. Este ano dedicarase a Galicia e haberá unha importante representación de músicos galegos.Sempre é un pracer falar con Pablo, amante da cultura do país, apaixonado no seu traballo, e que segue mantendo vivo ese facho de luz musical que agroma das gaitas desde sempre.
 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos