10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Entre o Trío Alborada e as clases de acordeón

O dubrés José Manuel Suárez Nieto leva máis de vinte anos dando clases de acordeón en distintos puntos da provincia coruñesa, un instrumento ao que se achegou de pequeno cando en realidade buscaba ser un batería. Acabou coas baquetas en diferentes formacións como Jumbo 2.000, Rúa Compostelana, Recuerdos, Nova Xuntanza, ou na orquestra Altamar que acompañaba a Pili Pampín, e anos despois como profesor e tamén nun dúo co ex membro da orquestra Compostela, Enrique Miramontes, que finalmente se transformou no Trío Alborada, no que tamén participa o seu fillo Alberto Suárez.

O trío Alborada colleitando éxitos

Con este trío percorre diferentes localidades con bastante éxito. De feito asegura que “en case o 90% dos sitios acabamos repetindo”. José Manuel Suárez pensa que o segredo está no repertorio:”Eu penso que parte do éxito da festa está no repertorio. É unha arma de dobre fío. Segundo vemos o público así traballamos, non seguimos o mesmo orden. Un músico ten que saber o que ten abaixo. Ese é o reto”.

O seu fillo Alberto Suárez certifica o testemuño do seu pai:”Estamos tendo unha resposta moi positiva do público”. Este mozo é outro punto fundamental, xunto con Miramontes, nesta atractiva proposta musical con show incluído.“Empecei contaminado pero sen presión. Sempre me levou idea a música” comenta Alberto, que axuda ao seu pai nas clases de acordeón que ofrecen en localidades coma Santa Comba.

“As veces nos critican pero temos un sistema co que conseguimos que a xente que non saiba música toque cunha partitura como nos lle explicamos” explica José Manuel.Os dous participaron recentemente no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, que se pode volver a escoitar no audio que partillamos neste artigo, a partir do minuto 60 de programa.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos