14.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Versos de Rosalía en Radio Xallas

Audio co programa especial de Radio Xallas.

En colaboración co departamento de cultura do concello de Santa Comba, a emisora local Radio Xallas emitiu un programa especial conducido por Xosé Manuel Lema que tivo como protagonistas ás persoas que quixeron participar nunha lectura pública, que foi anunciada nos días previos tanto nas redes sociais como en distintos medios de comunicación.

Un grupo de estudantes do C.E.I.P. Barrié de la Maza secundou a convocatoria e colaborou activamente xunto as profesoras Dolores Pérez e Mari Carmen Mourelle, nun espazo coordinado pola dinamizadora cultural Maribel Barreiro.

Alí estiveron Diego Landeira Ferrol, Noel Rial Espasandín, Yannik Mawule, Antía Calo Gerpe, Carla Blanco Agulleiro, Brais Landeira Blanco, Iker García Velo, Patricia Vila Vázquez, Álvaro Miguel Pazos, Daniela Rial Espasandín, Nico García Velo, Carla Landeira Blanco, e Samuel Miguel Pazos.

Neste acto tamén leron textos a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e outras persoas como Ángel Souto, Manuel Rodríguez, Susana Gerpe, Silvia Couto ou Eva Blanco Otero.O escritor porteño Rafael Lema e o sindicalista xalleiro afincado en Suíza Xosé Abelenda tamén contribuiron a esta fermosa xornada en homenaxe a Rosalía de Castro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos