10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Lectura pública en Radio Xallas polo Día de Rosalía

Poderán participar tódalas persoas que desexen ler textos nun programa que se emitirá en directo.

Santa Comba celebra o Día de Rosalía con varias actividades. Do 18 ao 28 de febreiro na Casa da Cultura estará aberta unha exposición con paneis sobre a vida e obra da autora.

O venres 22 de febreiro na Casa da Cultura organizarase o obradoiro “Deseña a túa camisola con Rosalía”, impartido por Fabaloba, desde as 18,00h.Ás 21:00h o grupo de teatro “Trangalleiro” de Brión representará a obra “en todas as casas se cocen fabas”, no auditorio do edificio multiusos.

Xa o propio Día de Rosalía, o domingo 24 de febreiro, de 12,00 a 14,00h Radio Xallas(107.5FM) emitirá un programa especial onde as persoas que o desexen. poderán ler textos de Rosalía de Castro na emisora

Desde a emisora xalleira convidan aos veciños a participar. Para calquera dúbida poden obter máis información no departamento de cultura do concello de Santa Comba ou na propia radio 693287749 (Teléfono e Whatsapp).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos