Vídeo #adiantetv no interior//Representación do grupo municipal de teatro do concello de Ames.
O grupo municipal de teatro do concello de Ames representou “O Velorio de Xan Outeiro” no salón de actos do multiusos de Santa Comba.
A obra dirixida pola actriz María Ordóñez (Talía Teatro), resultou moi divertida e agradou ao público que asistiu a función organizada polo departamento de cultura xalleiro. Entre os asistentes estaba o concelleiro socialista Miguel Caamaño Espasandín.
O elenco de actores está formado por Carlos Labraña, Noemí Graña, Paz Romai, Emilia Mayo, Pablo Núñez, Dante Bussolari, Pilara Gómez, Carmela Pardal, Eva García e Patricia López.