11.7 C
Santa Comba
viernes, febrero 3, 2023

A empatía de Carme Hermo e Man en trazos de xiz

Rafael Lema//

Manfred Gnadinger, Man o alemán de Camelle, segue sendo obxecto de traballos de investigación e libros de distinto tipo. Na parte biográfica este outono contamos cun traballado exercicio da canadiana afincada en Muxía Tracy Saunders, en inglés, o máis completo a día de hoxe.

Na parte artística Man inspirou un traballo de ilustración da profesora Carme Hermo presentado no Culturgal de Pontevedra, a feira cultural máis importante de Galicia. «Man de Camelle», realizado por Carmen Hermo e editado por Kalandraka, é unha interpretación da obra e da vida de Man no ollo de Hermo, un traballo de campo que recolle a visión que a autora ten do artista, ben pola contemplación da súa obra e espazo vital como das fotografías que aportan feitos significativos da vida do eremita en Camelle.

En 24 ilustracións coun simple lapis de punta de chumbo a artista realiza un exercicio de empatía, intuíndo a mensaxe e a vitalidade do irmán do arte, e segundo verbas do prologuista Antón Castro nunha «xestualidade controlada pola seguridade plástica dos seus trazos eleva o símbolo á súa dimensión máis clásica, nunha figuración que rastrexa os momentos íntimos do artista alemán no seu día a día fronte ao mar». 

Revelador é o primeiro boceto cos ollos feridos de Man sobresaíndo en dous «ollos de boi» que traspasan a portada, eses circos onde o eremita vertía todo un mundo mítico e sofista. Esa mirada penetrante, lúcida e a vez cun toque de tolemia venal é a melodía onírica, o leitmotiv do libro de Hermo, un canto aos artistas malditos e periféricos, que viven un soño, dentro do seu mundo creativo e vital.

A autora leva 15 anos traballando arredor do arte de Manfred Gnadinger. Pola súa relación co Concello de Camariñas Hermo é a comisaria da exposición permanente no Museo de Man de Camelle, aberto dende 2015. Este mes vai ser presentado en Camariñas. A autora conta unha historia polifónica a través de ilustracións, polo que se trata propiamente dun caderno de arte, de debuxos interpretando o legado de Man. 

Hermo é asesora do Museo Man que forma parte da Rede REMA de Espazos Museísticos do Atlántico, e da 'European Outsider Art Asociation', unha asociación europea de museos de arte marxinal que conta con 89 membros en total dos que unicamente 8 son exposicións españolas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
968SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos