11.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 23, 2023

As rapazas de Freixeiro e a Praza do Parchís

VÍDEO//Divertida representación de Chévere en Santa Comba.

@xmlema

Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar son «As Fillas Bravas» de Chévere, que divertiron na noite deste xoves ao algo máis dun centro de persoas que se achegaron ao multiusos xalleiro, para gozar dunha nova función do IV ciclo de teatro xalleiro, organizada polo departamento de cultura, coa colaboración do Centro de Información á Muller.

As coplas e os chistes alternáronse con mensaxes contra a violencia de xénero. Como colofón as tres «Fillas Bravas» adicaron unha copla a Santa Comba con alusión ás rapazas de Freixeiro e tamén a «praza do Parchís», como se lle coñece de xeito popular e retranqueiro á praza do mercado.

A esta representación asistiu a alcaldesa de Santa Comba, María Pose e a concelleira de Servizos Sociais, Esther Espasandín.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos