13.4 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Venres teatrais da Laracha 2018

A canción do elefante, de Redrum Teatro, abrirá o programa o 9 de novembro.

 
 
No mes de novembro regresa á Laracha o ciclo Venres Teatrais, toda unha referencia na programación cultural municipal do outono que se organiza co obxectivo de achegar á veciñanza espectáculos teatrais de alta calidade. O ciclo consta de catro funcións e inclúe obras de referencia no actual panorama teatral galego.
 
Neste programa haberá comedia, suspense, historia da cultura galega centrada na figura dun dos nosos escritores máis importantes e tamén espazo para a concienciación social cunha obra que se incluirá no marco do programa municipal de actividades en torno á conmemoración do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres que se celebra o 25 de novembro.

 

A canción do elefante de Redrum Teatro

 
Os Venres Teatrais abriranse o 9 de novembro con A canción do elefante, un apaixonante thriller psicolóxico inspirado na obra orixinal do canadense Nicholas Billon. Está protagonizado por Machi Salgado, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez e promete manter ao público pegado na butaca ata o seu desenlace.
 
O 16 de novembro será a quenda para Talía Teatro, que trae á Laracha a súa última produción: O servidor de dous amos. Trátase da revisión galega do referente por excelencia da Commedia dell’Arte, o teatro popular italiano xurdido no século XVI. Cun elenco de luxo (Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo), a peza respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero tamén incorporando novas fórmulas de teatralidade. 
 
A compañía Contraproducións representará o 23 de novembro unha das mellores pezas teatrais galegas de ano. Fillos do sol, escrito e dirixido por Cándido Pazó, é un espectáculo a cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática centrado nos últimos anos da vida de Eduardo Pondal. Será escenificado por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez.
 

Nacidas Libres

 
O ciclo pecharase o 30 de novembro con Nacidas Libres, tamén da compañía Contraproducións e escrita por Cándido Pazó. Neste caso catro actrices (interpretadas por Susana Dans, Rocío González, Casilda Alfaro e Mónica Camaño), fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza encomendándolle o texto a unha escritora moza que vive emigrada. Pola súa temática, a peza tamén se inclúe no programa de actividades e actos municipais en torno ao Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebra o 25 de novembro.
 
Todos os espectáculos son recomendados para persoas maiores de trece anos de idade e poranse en escena na Casa da Cultura da Laracha a partir das 21:00 horas, con gratuíta.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos