13.6 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Xosé Antonio Touriñán abre un novo ciclo de RiXallas que volve a ofrecer un alto nivel de artistas

O luns comeza a retirada de invitacións na Casa da Cultura de Santa Comba.

O cuarto ciclo de monólogos cómicos organizado polo departamento de cultura do concello de Santa Comba “RiXallas” agarda unha nova edición, que continúa co alto nivel de convocatorias anteriores .

Nesta edición, e atendendo a nova lei de espectáculos de Galicia, o aforo é limitado, e aínda que a entrada continúa sendo de balde, deberán retirarse invitacións uns días antes de cada función, como ben se explica no cartel anunciador. 

Xosé Antonio Touriñán inaugura o RiXallas 2018

RiXallas comezará cun monólogo do popular e televisivo Xosé Antonio Touriñán o venres 21 de setembro. As invitación poderán recollerse desde este vindeiro luns 17 de setembro a partir das 9 da mañá e ata as 14h.

O actor coruñés Xosé Antonio Touriñán é coñecido polas súas intervencións en programas como “Land Rober” ou “Luar”, e por formar parte do dúo “Mucha e Nucha”. Tamén traballou en series como “Fariña” ou “Padre Casares”.

Iglesia, Orsi e Luís Zahera

A segunda función traerá a outros dous coñecidos cómicos, Luís Iglesia e Marcos Orsi, co espectáculo “Senior”. Será o venres 5 de outubro. O inicio da recollida de invitacións está fixado para o 1 de outubro.

Para rematar o ciclo xalleiro, o 19 de outubro actuará Luís Zahera, que conta cunha ampla biografía de participación en series e películas, aínda que na Costa da Morte sempre se lembrará o seu papel como “Petróleo” na serie “Mareas Vivas”.

O ano pasado RiXallas contou coas actuacións, entre outros, de Carlos Blanco e Manuel Manquiña.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos