Concertos de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Harmonica Creams, Mánran e Astarot.
Xa o venres houbo unha potente festa rachada na Carballeira de Velar. E o sábado aínda máis. O sábado foi un día completo cunha degustación de 400 quilos de mexillóns repartidos de balde, sesión vermú, actividades para nenos, o traballo en directo de Marcos Mariño realizando unha talla coa súa motoserra ou a feira da artesanía.
A animación musical pola tarde tivo como protagonistas a Caxade, Os Farrapos, Cé Orquestra Pantasma e unha foliada con grupos da Costa da Morte.
Xa pola noite actuaron Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Harmonica Creams, Mánran e Astarot. Segundo a organización esta 35 Festa da Carballeira foi unha das edicións máis concorridas da historia deste evento. Pois, que siga a festa..