11.6 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Presentación de «Pico Sacro» en Ler librerías

Cinco autores participaron na presentación que contou cun recital poético.

“O Pico Sacro ten un magnetismo especial” manifestaba o escritor Xosé Manuel Lobato na presentación desta obra que tivo lugar na libraría Ler de Santa Comba. Un volume que leva unha ducia de presentacións e no que “están os grandes da nosa literatura”.

As palabras de Lobato, que informaba que neste lugar “podedes ver bailar o sol unha vez ao ano”, foron completadas coa intervención de Miro Villar. Despois chegou un recital poético no que tamén participaron Fernández Abella, Henrique Neira e Diana Pastoriza, que deixou ben claro que estaba na súa casa, en Santa Comba.

 

Escaparate con poesía visual

Ningún dos autores pasou por alto o escaparate de poesía visual habilitado na entrada, feito polos alumnos de 4ºB do CEIP Barrié de la Maza. No acto estaba presente o profesor encargado deste curso, Fernando Pintos. Entre os asistentes ao acto  tamén estaba o concelleiro José Antonio Ucha.

“Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda”(Alvarellos editora) acolle textos de noventa autores, e foi promovido pola asociación mestre Manuel Gacio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos