O novo libro de Maica Caramés Gorgal presentouse na súa terra.
A última novela de Maica Caramés Gorgal tiña que presentarse en Santa Comba. Porque tanto a súa autora coma o libro teñen as súas raíces chantadas en terras xalleiras.
Xa o avisaba o crítico Armando Requeixo:”Este libro ten moito máis que ver con vós do que pensades”. Destacou a calidade da obra desta “nena das Fariñas”. No acto de presentación celebrado no multiusos, tamén interveu o escritor Xosé Manuel Lobato e a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, que deron paso a autora. A rexedora anunciou que cada centenaria recibiría un exemplar deste volume. Xa hai seis no club das máis lonxevas e agardan que ese ano se unan catro máis.
“Estou moi feliz porque esta é a miña terra” declarou Maica Caramés Gorgal, que confesou que moitas das historias do libro estaban recollida da infancia propia:”Dábame moita pena que estas historias se perderan”dixo.Rematou o acto o director xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, que destacou a “importancia de dar a coñecer este libro e que saiban a importancia que tiveron os maiores de Galicia”.
O acto contou coa presenza de varios concelleiros do goberno: Esther Espasandín, José García, José Pose, Juan Carlos Pérez e Chisco Ameijeiras. “A Madriña” é un libro publicado por Edicións Fervenza.