15.6 C
Santa Comba
jueves, abril 18, 2024

María Carme Caramés presenta “A Madriña” en Santa Comba

Asistirá o director xeral de Política Linguística, Valentín García e a alcaldesa de Santa Comba, María Pose.

A escritora María Carme Caramés Gorgal presenta “A Madriña” na terra onde naceu. En Santa Comba. Será o vindeiro sábado, 14 de abril, a partir das 12,30h do mediodía no auditorio do multiusos. A autora estará acompañada polo director xeral de Política Linguística, Valentín García, a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, o profesor e escritor Xosé Manuel Lobato e polo escritor e investigador Armando Requeixo.

Segundo Edicións Fervenza estamos diante “dunha novela baseada nas vicisitudes de dúas mulleres dunha mesma familia, sufridoras pero loitadoras, e como, pese ás dificultades logran saír a flote”.A publicación contou co apoio da Xunta e do concello de Santa Comba.

A autora

Mª Carme Caramés Gorgal (Santa Comba, 1966) é licenciada en Psicoloxía, actualmente reside e traballa en Santiago.Na súa faceta poética conta con diversos galardóns como o Premio Rosalía de Castro do Centro Galego de Santander coa obra Escolma (2004), accésit do Certame de Poesía Francisco Añón do Concello de Outes ao poemario Nas marxes do Tempo (2006), primeiro premio do Certame Manuel-Orestes Rodríguez López Paradela con No nome da nai (2007), premio ex aequo do Certame Literario Victoriano Taibo de Gondomar por Cuarto Minguante (2009), o Premio de Poesía Johán Carballeira coa obra Dos Días Escuros (2014) e Premio Avelina Valladares de Poesía co traballo As idades perdidas (2017). 

Como narradora obtivo recoñecementos no Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido cunha mención ao relato Ai, padriño! (2008) e no Premio de relatos de muller Matilde Bares de Bueu, primeiro con Días de Namorar (2009) e seguidamente con Lola (2011).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos