10.1 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

O Atrevido de Grixoa, o regueifeiro do Xallas

José González Muíño compartiu escenario e protagonismo cos grandes regueifeiros de Bergantiños.

Calquera amante da regueifa sabe ben de quen falamos. José González Muíño “O Atrevido de Grixoa” e todo un símbolo da historia da regueifa. Naceu en 1921 en Grixoa de Esternande, en Santa Comba. Con catorce anos xa participaba en confrontacións verbais.”Aprendín a conta dos compañeiros, en bailes, foliadas e romarías” explicaba González nunha entrevista que recolle o libro “Regueifa dunha vida” editado polo concello de Cabana de Bergantiños.Traballou como xornaleiro, mineiro en Xixón e Varilongo e tamén de taberneiro. 

“Metinme a cantar regueifas

non é fácil de aprender

xuntáronse os regueifeiros

 e queríanme comer”.

A súa primeira actuación foi en Valenza(Coristanco), pero foi unha década despois cando logrou derrotar a outros seis regueifeiros, recibindo o tradicional premio dunha boneca, xunto con trinta pesos de recompensa. E foi construíndo unha estupenda historia. No treito final da súa vida, O Atrevido deixou testemuño escrito da súa imaxinación.De entre todos os seus amigos e rivais, o seu favorito era Calviño.

“Ese conto das regueifas 

xa se sabe ben de antes

Para se saber defender

hai que ser algo moinantes”.

Un parente e amigo do defunto González Muíño é o sindicalista xalleiro, Xosé Abelenda, nado tamén en Grixoa de Esternande, e que lembra ao ilustre copleiro como “unha persoa moi bondadosa coa que me encantaba falar”, cunha grande capacidade dialéctica e que sempre levaba nas súas composicións o nome de Santa Comba.

O Atrevido de Grixoa” levaba no seu nome de guerra ao seu lugar de nacemento e tamén a  característica de “home valente e moi botado para adiante”. Moitas das súas aventuras viven nas súas cancións.

Sen dúbida deixou unha fonda pegada no noso patrimonio cultural, preocupado pola supervivencia desa tradición que aínda hoxe sobrevive nas bocas e nos corazóns doutros e doutras “valentes” que seguen servindo as regueifas nas nosas mesas.

«Se sentides a campana

e sabedes que eu morrín

e rezades o rosario

aplicádeo por min».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos