14.5 C
Santa Comba
jueves, diciembre 26, 2024

145 anos do nacemento de Pepe de Xan Baña

Lembrando ao poeta xalleiro nunha visita a súa casa natal.

Xosé Manuel Lema

Neste 2017 cumpríronse 145 anos do nacemento do vate xalleiro Pepe de Xan Baña, e quixemos conmemoralo cunha visita a súa casa natal. A vella casa case derruída que algún día volverá a lucir orgullosa no lugar de Varilongo.Os amantes da poesía e das tradicións, e moitos moradores da Terra do Xallas temos en José Baña Pose un estandarte.

No 2004, o escritor e irmán meu, Rafael Lema, escribía un prólogo cheo de forza  nun libro editado  por Ler Librerías cos versos do poeta de Varilongo.“Non tiña intención de facer versos para que perdurasen senón para a vida dos seus, os recordos, e chegar ás almas dos veciños nun peculiar Canto General do pais bendecido por Santa Bárbara e o Xallas, da terra anterior ao furacán das minas e do leite.Da patria feita nas marcas das rodas dos carros dos xalleiros dalgún día, creadores de camiños”.Con anterioridade Manolo Froxán e Ramón Ferreiro publicaron unha completa investigación sobre o noso autor.

Alí regresei por segunda vez na miña vida. A unha paraxe onde un imaxina a alma do bardo xalleiro paseando polos prados. Alí nos recibiu amablemente un dos descendentes, o gandeiro José Manuel González, interesado en que non se perda a memoria de Pepe de Xan Baña.

Porque os versos de Pepe de Xan Baña están recollidos, conta cunha biografía, cunha rúa en Santa Comba, cun colexio en Traba-Castriz que o homenaxea.Pero hai que seguir difundindo a súa obra. Estou convencido de que os defuntos collen alento cada vez que os lembramos e que os poetas viven cada vez que bebemos na fonte dos seus versos.

“Non podía quedo estar,

Miraba a miñas hirmáns

Que por cortes e carreiros,

iban cos ollos nas mans”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos