13 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei pecharon o RiXallas 2017

Falar sen cancelas.Trío de humoristas para rematar con éxito o ciclo de monólogos cómicos.

O ciclo de monólogos cómicos organizado polo departamento de cultura do concello de Santa Comba, por terceiro ano consecutivo, pechouse cun auditorio do multiusos cheo, con moitas risas e brindando coa apócema máxica dos galegos, que disque é o licor café. E creemos que están no certo.

Despois de dous pratos fortes que desbordaron as previsións (Falamos da actuación de Manuel Manquiña e de Carlos Blanco, a máis concorrida das tres edicións) chegou a quenda de tres vellos coñecidos do público da bisbarra que deixaron no máis alto a bandeira deste ciclo que aspira a converterse nun referente comarcal. 

Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei deleitaron ao público co seu espectáculo «Falar sen cancelas».Diante dun auditorio entregado inxectaron continuas doses de humor. O obxectivo era divertise e así foi. RiXallas baixou o pano pero os seguidores dos actos culturais terán outros eventos en Santa Comba este vindeiro mes de novembro. Seguiremos informando.

Fotos- Concello de Santa Comba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos