Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz comparten escenario en Santa Comba.
A terceira edición do ciclo de monólogos cómicos RiXallas, organizado polo departamento de cultura do concello de Santa Comba, chega ao seu remate “cunha gran gala de humor e comedia”.
Así é como o definen desde a empresa Culturactiva a “Falar sen Cancelas” a este espectáculo que contará coa participación de tres actores e monologuistas de sobra coñecidos polo público da Terra do Xallas e de Galicia. Isabel Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz.
Venres ás 10 da noite cita co humor
Maxia, clown, improvisación e humor son os ingredientes dunha velada onde haberá actuacións individuais e corais. Unha hora e cuarto de diversión asegurada que suporá o broche a unha xeitosa edición do RiXallas que contou con dúas funcións multitudinarias protagonizadas por Manuel Manquiña e Carlos Blanco.
Monólogo de Carlos Blanco
Monólogo de Manquiña
A cita é este vindeiro venres 20 de outubro as 10 da noite no auditorio do multiusos.Entrada de balde. Polo festival xalleiro xa pasaron nas dúas edicións anteriores persoeiros recoñecidos como Pepo Suevos, Cándido Pazó, Isi,Isabel Risco, Luís Pousada, Avelino González e Serxio Pazos.