13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

RiXallas 2017:Un arranque moi profesional con Manquiña

Manuel Manquiña, Carlos Blanco, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei no ciclo de monólogos de Santa Comba.

Lembrando o seu papel en “Airbag” agárdase un ciclo de monólogos cómicos “profesional, moi profesional” en Santa Comba.Pero a traxectoria de Manuel Manquiña esténdese a unhas corenta películas, programas de televisión e tamén dálle,e moi ben, aos monólogos cómicos.

O presentador do programa “O Gato con Botas” da TVG é o primeiro convidado do ciclo RiXallas que organiza o departamento de cultura do concello de Santa Comba. Manquiña actuará este venres 6 de outubro no auditorio do multiusos a partir das 22,00h. O acceso é de balde e a diversión está asegurada.

Carlos Blanco e Falar sen Cancelas

Serán tres funcións as que completarán o potente cartel deste ano. O venres 13 de outubro chegará outro dos grandes humoristas e actores, Carlos Blanco, cos seus “mellores monólogos”.

E para rematar a edición de RiXallas un trío que tampouco desmerece en absoluto. Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei chegarán a Santa Comba o 20 de outubro con “Falar sen cancelas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos