10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Festa de sensacións na Marquesa de Burela

Excelente degustación gastronómica no restaurante marisquería A Marquesa de Burela.

A gastronomía é sempre un punto fundamental na folla de ruta dos curiosos viaxeiros de Adiante Galicia que esta fin de semana detíñanse na mariña lucense. Entre paisaxes e distintas visitas, chegaba o momento de repoñer forzas.Coa brisa do Cantábrico moi presente, e cos barcos descansando nos peiraos, a nosa aposta era clara.Queríamos sentir ese mar rebuldeiro nos nosos padais. Almas atlánticas que buscaban o acubillo noutro océano, aínda que no mesmo país.

Non tiña demasiado mérito porque escollemos guiados polas boas referencias. Pero no Restaurante Marisquería A Marquesa de Burela, logramos o obxectivo marcado. Asistir a unha auténtica festa de sensacións e sabores mariños.Abrimos o xantar cun aperitivo que xa foi toda unha declaración de intencións do que podemos encontrar neste restaurante.Chipiróns encebolados e luras á prancha e rebozados de rape. Impresionantes.

Logo chegou o rei dos mariscos, o percebe. Racións de estupenda calidade.Unha mostra do excelente produto co que se traballa neste establecemento. Despois  foi a quenda dunha parrillada de peixes en estado puro, con toda a forza do mar e da frescura na que viñan envoltos. Póker de especies. Sanmartiño, rape, linguado e rodaballo.

Toda esta potencia gastronómica reforzada por un atento servizo, unha carta completa de viños, exquisitos postres, e un local cómodo e de moderno e vistoso deseño.Dixéronnos que A Marquesa de Burela era un lugar de visita obrigada na mariña lucense. Non esaxeraron nada. Volveremos porque se o que xantamos formou parte dunha degustación inolvidable, non nós queremos imaxinar o que sentiremos cando probemos algunhas das especialidades da casa, como é a pescada rechea ou o arroz con bogavante. Por certo, todo a un prezo razoable.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos