19.8 C
Santa Comba
jueves, septiembre 19, 2024

VII Primavera teatral de Paiosaco

Elefante Elegante estrea o ciclo este venres ás 9 da noite en Paiosaco.

O Concello da Laracha presenta o programa da sétima edición do ciclo de teatro de Paiosaco. A Primavera Teatral, que se desenvolverá ao longo do mes de abril no auditorio do centro sociocultural da citada localidade e constará de tres espectáculos de alta calidade.

O Concello da Laracha volve apostar por achegar o teatro á veciñanza en xeral, con propostas especialmente dirixidas ao público adolescente e adulto na que o humor será o principal protagonista.

A primeira función será O rueiro das liortas, que traerá a Paiosaco o día 7 de abril a compañía Elefante Elegante. Trátase dunha comedia baseada na arte italiana e no teatro popular na que se afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. Vai dirixida a maiores de oito anos de idade. 

«O Furancho» con Isabel Risco e Marián Bañobre

O venres 21 de abril ofrécese O ferro, da compañía Teatro del Andamio. A obra céntrase na historia dun matrimonio, que leva catorce anos xunto, e o seu fillo. O reparto está formado por Gema Ulloa, Nacho Martín e Fran Giraldo.O ciclo pecharase o 28 de abril con O furancho, espectáculo a cargo das cómicas Isabel Risco e Marián Bañobre.

Todas as pezas poranse en escena no auditorio do centro sociocultural de Paiosaco a partir das 21:00 horas, con entrada libre e gratuíta.A Primavera Teatral de Paiosaco está afianzada como un dos grandes referentes na programación cultural municipal que o Concello da Laracha desenvolve ao longo do ano.

Fonte-Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos