5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Dous estudos sobre a novela U49 de Rafael Lema

Publicados en Oporto e Frankfurt, estudos sobre a novela xuvenil U49 de Rafael Lema, ambientada na Costada Morte na Gran Guerra.

Dous estudos sobre a novela U49 do escritor da Costa da Morte Rafael Lema acaban saír en sendos libros de crítica literaria no ámbito universitario editados en Oporto e Frankfurt. Son obra da la filóloga ourensana Isabel Mociño González da Universidade de Vigo. 

O seu traballo «El mar y la guerra en la narrativa juvenil del escritor gallego Rafael Lema» forma parte do volume «Literatura infantil y juvenil con fondo gris: muerte, naufragios, guerras y desastres» coordenado por Mociño e Riitta Oittinen, publicado na alemana Iudicum Deutsche Nationalbibliotek, en Frankfurt. 

A outra análise denomínase «A grande guerra na literatura infantil e xuvenil galega: U49 de Rafael Lema«, neste caso parte do volume «De como a literatura infantil e xuvenil é chamada á guerra. Reflexións sobre os conflitos bélicos en Galicia e Portugal», onde figura Mociño na coordinación, editado por inED en Oporto tras os «20 Encontros luso-galaicos do libro infantil e xuvenil» na universidade de Oporto, onde participaron os propios Mociño e Lema. Tamén está en edición un terceiro estudo crítico dunha compañeira da autora, Verónica Pousada, sobre as mulleres na novela U49.

Mociño é profesora e coordinadora de Didáctica da Lingua e Literatura Infantil do campus de Ourense e do blog dos alumnos e alumnas do grupo, «primeiras lecturas». U49 (Tambre-Edelvives, 2007) narra as aventuras de varios mozos e mozas no medio da actividade do submarino alemán do mesmo nome durante a Primeira Guerra Mundial na ría de Camariñas e na Costa da Morte, contadas polo seu protagonista, un mozo bretón que foxe da leva. 

No texto editado en Frankfurt a autora en 16 páxinas estuda a presenza do mar e dos conflitos bélicos na obra de Rafael Lema, pertencente á Xeración dos 90, abordando as diferentes perspectivas adoptadas polo creador nas súas novelas xuvenís cun estudo mais detallado dos elementos mar e guerra na súa novela histórica U49 «única obra para jóvenes escrita en lengua gallega que ha tratado la I Guerra Mundial y el papel que Galicia desempeñó desde su aparente neutralidad en la contienda» según a investigadora. 

Mociño nos dous comentarios chega a semellantes conclusións, como podemos ler ao final do texto editado en Oporto: «Rafael Lema ofrece nas súas novelas xuvenís, e en U49 en particular, un interesante retrato social e histórico. Salienta esta novela por centrarse nunha época escasamente ficcionalizada na literatura xuvenil galega, polo que consideramos moi acaida a súa lectura para a mocidade e tamén os adultos, que nela van atopar unha ollada sobre o propio dende unha perspectiva universal, propiciando ademais distintos niveis de lectura, das abundantísimas referencias históricas e culturais que insire o autor na trama». 

«Tamén é unha boa mostra das lecturas que propician a reflexión sobre múltiples cuestións, entre elas a importancia que cada persoa e cada lugar ocupa nas complexas correlacións de causa-efecto que determinan o devir da historia, a importancia de coñecer o pasado para crear o futuro e, sobre todo, coñecer a nosa propia cultura para valorala dentro do rico mosaico europeo e universal» conclúe a investigadora de Ourense. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos