5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Santa Comba lembrou a Rosalía de Castro

Mulleres xalleiras participaron nun recital celebrado na Biblioteca municipal de Santa Comba.

O concello de Santa Comba lembrou a Rosalía de Castro cun acto sinxelo pero cargado de emotividade e con pequenos detalles que enriqueceron o evento.

Os versos e as mimosas enlazáronse para construír unha fermosa homenaxe á ilustre escritora. A voz de Amancio Prada saía pola megafonía que soaba na contorna da Casa da Cultura. Fotos, libros de Rosalía e flores. É un marca páxinas conmemorativo desta xornada.

Despois do saúdo inicial e os primeiros versos pronunciados pola concelleira Esther Espasandín, chegaron as lecturas de Hermosa Cancela, Vina Torreira, Carmen Lago, Marisol Pichel, Marís Amarelle, Flor Blanco, Nieves Cives e María Carmen Pablos. Textos de  poemas tan populares coma “A xustiza pola man”, “Pra Habana” ou “Cantan os galos día”.E máis versos nas voces de Prada e Luz Casal.

O acto foi pechado pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose, que agradeceu o traballo do departamento de cultura e do persoal municipal e a colaboración do grupo de Lectura Fácil de Santa Comba. Tamén destacou a importante produción  literaria de Rosalía pese a vivir só 48 anos e o que representa hoxe en día para Galicia e para as mulleres.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos