10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Santa Comba celebra a Gala da Irmandade

O concello  de Santa Comba entrega este xoves os premios do XVIII Concurso de postais do Nadal. A gañadora foi Berta Lema Calo, alumna do colexio Inmaculada.

Santa Comba acollerá o vindeiro domingo 18 de decembro a Gala da Irmandade, un espectáculo que se conforma en torno á historia das Irmandades da Fala e que reúne a un amplo elenco de artistas, dentro do Outono Cultural da Deputación provincial.

Actuará o grupo musical Caxade, Os Quinquilláns, o Mago Teto, Mónica de Nut e Ánxela Blanco e Luís Iglesia e Xavier Deive, que xa estiveron no ciclo de teatro do concello de Santa Comba. Ademais participarán colectivos locais nunha gala dirixida pol Maquinaria Pesada, a compañía de Isabel Risco.A cita, as 19:00h, no auditorio do multiusos.

Concurso de postais

Este vindeiro xoves 15 de decembro, a alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez, participará no acto de entrega dos premios do XVIII Concurso de postais do Nadal, convocado polo departamento de cultura, e  na inauguración da exposición de postais que se presentaron. Será a partir das seis do serán no Multiusos.

Os premiados nesta convocatoria foron:

Primeiro premio- Berta Lema Calo– C.P.R. Plurilingüe Nosa Señora Inmaculada.

Segundo premio- Alexandra María Socol– C.E.I.P. Barrié de la Maza.

Terceiro premio- Roi Danza Carballo-C.R.A. Santa Comba.

O xurado decidiu conceder un cuarto premio a Vanessa García Núñez do C.E.I.P. Plurilingüe Pepe de Xan Baña. O xurado estivo composto por María Pose(alcaldesa de Santa Comba), Maribel Barreiro(dinamizadora cultural),José Manuel Parajó(psicólogo municipal) e José Manuel Vázquez(técnico de Xuventude).Como é costume o concello felicitará as festas cunha reprodución da postal gañadora.

Nadal Cultural

Xunto coa Gala da Irmandade e o concurso de postais, o Nadal Cultural do concello compleméntase  coa festa protagonizada por Os Bolechas, o luns 26 de decembro desde as 16:00h no pavillón de Fontenla. E támén coa sesión da Trastenda dos Contos, o venres 30 de decembro desde as 11.00h na Biblioteca municipal.

 

Cabalgata de Reis

Ademais desde o concello están traballando na organización da Cabalgata de Reis. As persoas que queiran colaborar neste evento poden inscribirse no multiusos xalleiro. 981818710.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos