10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Presentación da Academia Xacobea en Compostela

Unha entidade sen ánimo de lucro para  a investigación, estudio e divulgación do mundo xacobeo que dirixe Xesús Palmou.

O Hostal dos Reis Católicos acollerá o vindeiro mércores 23 de novembro a presentación da Academia Xacobea, o centro de estudos da Orde do Camiño de Santiago, que preside Miguel Pampín Rúa.

Aínda que a presentación para os membros da Orde do Camiño de Santiago e outros convidados será a vindeira semana, a Academia Xacobea, que dirixe Xesús Palmou xa está operativa e de feito xa ven de asinar un convenio de colaboración coa editorial Ediciones Carena para a difusión da obra de Ulises Bértolo “Orthodoxia”, un thriller histórico relacionado co Camiño xacobeo. O presidente da Orde do Camiño de Santiago, Miguel Pampín, e Palmou Lorenzo asistiron a presentación deste libro.

Outro dos proxectos da nova Academia Xacobea é a convocatoria dun premio de novela “Camino de Santiago” en castelán e galego, e xa realizaron un protocolo de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.O director da Academia Xacobea, Xesús Palmou, asegura que a entidade nace “cunha vocación sen ánimo de lucro para a investigación, estudio e divulgación do mundo xacobeo na súa vertente científica e artística”.

A Orde do Camiño de Santiago, con sede na capital de Galicia, conta con damas e cabaleiros repartidos por todo o mundo. Recentemente celebraron un capítulo extraordinario en Santiago de Saltillo en México e tamén entregaron o Gran Colar  da Orde á vicepresidenta da República de Costa Rica, Ana Helena Chacón Echeverría.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos