5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Venres teatrais na Laracha

O Concello da Laracha presenta o cartel da nova edición do ciclo Venres Teatrais, toda unha referencia na programación cultural municipal que se organiza co obxectivo de ofrecer aos veciños espectáculos teatrais de alta calidade durante o mes de novembro. O ciclo inclúe catro obras excelentemente valoradas polos expertos e protagonizadas por destacados actores do panorama audiovisual galego.

A comedia terá unha especial relevancia neste programa, aínda que tamén haberá espazo para a concienciación social cunha obra que se incluirá no marco do programa de actividades en torno á conmemoración do 25 de novembro como o Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

Os Venres Teatrais abriranse o 4 de novembro con Nosa Señora das Nubes, unha adaptación de Teatro do Morcego da obra escrita polo dramaturgo arxentino Arístides Vargas e interpretada por Celso Parada e Josi Lage. Céntrase no encontro de dúas persoaxes expatriadas nun espazo e tempo indeterminados no que pretenden recuperar historia vividas no seu país por medio de recordos e memorias fragmentadas. Estamos ante un espectáculo poético, musical e humorístico moi actual que permitirá ao espectador reflexionar sobre as guerras, o desarraiga e as ditaduras.

Lautana de Teatro representará o 11 de novembro o seu último espectáculo, O esperpéntico caso do obreiro do futuro, con Isabel de Toro, Paco Alvarellos e Juan Mariñas baixo a dirección de Luis Vivancos. A obra está ambientada nun futuro sombrío no que un obreiro se atopa envolto, xunto á súa muller e un férreo representante do poder establecido, nunha trama rocambolesca e subversiva, de consecuencias sorprendentes e imprevisibles.

O 18 de novembro será a quenda para unha das pezas teatrais galegas máis exitosas do momento: Noiteboa, da compañía Redrum Producciones. Ernesto Chao, Mela Casal e Guillermo Carbajo protagonizan a montaxe ambientada nun Nadal compostelano no que se pon o foco sobre as apariencias sociais a través dunhas personaxes que, canda menos durante unhas horas, intentarán actuar como unha familia de verdade. 

O ciclo pecharase o 25 de novembro con Retrato en branco e negro, da asociación coruñesa Ditirambo Teatro, onde dúas mulleres, nai e filla, se enfrontan ao pasado tras dezasete anos de dolorosa separación. O encontro prodúcese na casa familiar onde o tempo parece non deterse. Pola súa temática, a peza tamén se inclúe no programa de actividades e actos municipais en torno ao Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que precisamente se conmemora nesa mesma data.

Todos os espectáculos son recomendados para persoas maiores de trece anos de idade e poranse en escena na Casa da Cultura da Laracha a partir das 21:00 horas, con entrada libre e gratuíta para todos os veciños que estean empadroados no noso Concello.

 

Fonte-Concello da Laracha

Foto portada-galiciaescenapro.gal

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos