9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Entrevista ao actor vimiancés Javier Miñones

//O vimiancés Javier Miñones Trillo estreouse como actor// En breve aparecerá en tres series de televisión//

O vimiancés Javier Miñones quixo coñecer o mundo da interpretación e encontrouse cun mundo cheo de posibilidades. Comezou participando nun curso intensivo de interpretación na produtora Voz Audiovisual e ós poucos meses conseguiu intervir en series coma “Serramoura”, “Segunda Oportunidade” ou en “El final del Camino” onde xa tivo un papel de actor, interpretando a un médico xudeu, xunto persoeiros como Cristina Castaño.

Javier Miñones concedeu unha entrevista a Adiante Galicia, onde nos fala desta “experiencia positiva” nun “mundo complexo” onde hai que traballar duro e aproveitar as oportunidades.Este empresario de fontanería, que chegou a presentarse a alcalde de Vimianzo nas últimas eleccións municipais respostou así cando lle preguntamos sobre as semellanzas entre o mundo da política e das artes escénicas:”Os dous son moi competitivos e deixémolo aí”.

Miñones segue adquirindo formación, mentres prepara novos proxectos. Nos vindeiros meses teremos a ocasión de ver os seus primeiros pasos en tres series distintas de televisión. A verdade é que este actor da Costa da Morte está dando pasos moi importantes. Avanza con ilusión e esforzo. E desde aquí estaremos moi pendentes del.

Aquí podes ver a entrevista completa en Adiante TV

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos