7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Actividades educativas do concello de Santa Comba

Cursos de educación de adultos ou inglés, obradoiros de expresión escrita, técnicas de estudios, matemáticas, na oferta municipal xalleira.

O concello de Santa Comba manten aberto o prazo para informarse ou inscribirse no programa de actividades educativas para este curso.

Entre a oferta para adultos destacan as clases para a obtención do título de educación secundaria de adultos(ESA) ou para obtención do título de bacharelato en ciencias sociais. E tamén as ensinanzas en competencias clave, de alfabetización de adultos e cultura xeral, español para estranxeiros ou inglés para adultos.No apartado infantil, hai obradoiros de expresión escrita, técnicas de estudio, animación á lectura, matemáticas ou de gramática. Tamén se están organizando actividades relacionadas co inglés para nenos e nenas, distribuídas en tres programas:”funny english”, “english for kids” e “working in english”.

Desde o concello de Santa Comba tamén se imparte cursos de informática e mecanografía, en distintos niveis a través da Aula Cemit, e colabórase coa oferta formativa da Aula Mentor.Pódese obter máis información sobre datas, horarios, etc no edificio multiusos en horario de tarde ou no teléfono 981818710. Con respecto o programa de cursos da Aula Mentor o contacto é 663746523  santacomba@aulamentor.es

Tamén se pode acceder ao folleto informativo na web do concello www.santacomba.es ou desde esta ligazón accede aquí.

Por outra parte a Biblioteca Municipal xalleira celebra o vindeiro sábado 22 de outubro as 11 da mañá o Día da Biblioteca cun obradoiro para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Ademáis dentro do ciclo de monólogos cómicos RiXallas, este venres as 10 da noite, actuará Cándido Pazó.

 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos