11.5 C
Santa Comba
lunes, abril 15, 2024

Un simposio para lembrar a Xaime Isla Couto

//”Xaime Isla Couto:raíz e utopía de Galicia”.O 20 e 21 de outubro en Santiago de Compostela// Foto-Xurxo Lobato-Facebook Fundación Isla Couto.

A sociedade universitaria de filosofía  e a Fundación Isla Couto organizan o simposio internacional:”Xaime Isla Couto:raíz e utopía de Galicia” que se desenvolverá os vindeiros 20 e 21 de outubro na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela(Praza de Mazarelos).

Nestas xornadas intervirá un amplo elenco de expertos coma Carlos Baliñas, Uxío Breogán Diéguez, Justo Beramendi, Miguel Barros, Ramón Villares, Carlos Fernández, Alba Iglesias, Xosé Luís Pastoriza Rozas, Pepe Barro, Xoán Carmona, Miguel Anxo Bastos Boubeta, Xavier Martínez Cobas, Marcelino Agís, Víctor F. Freixanes, Quico Domínguez, Xosé Fernández Lago, Dolores Villanueva, Xosé Lois Franco Grande, Xosé Carlos Morell e Camilo Nogueira.

Desde o xoves as 9 da mañá, os relatorios e as mesas redondas protagonizarán esta iniciativa que analizará a figura do ilustre galeguista nas diferentes etapas da súa vida, agora que se ven de cumprir o centenario  do seu nacemento. Tamén haberá unha visita guiada e a presentación dunha fotobiografía.

“O galeguismo político de Xaime Isla”, “o pensamento humanista de Xaime Isla”, “o pensamento económico de Xaime Isla”,  “Xaime Isla e a galeguización da igrexa”, “o galeguismo cultural de Xaime Isla”, e “Xaime e os novos: a transmisión xeracional do galeguismo” son os bloques temáticos deste simposio que rematará na tarde do vernes.

Xaime Isla Couto, naceu en 1915 en Santiago. É unha das referencias do galeguismo. Intelectual, economista, dinamizador cultural, docente, e escritor, foi un dos impulsores da Editorial Galaxia e da editorial SEPT, do Partido Popular Galego, activo colaborador do Seminario de Estudios Galegos, etc.. Consultar biografía Wikipedia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos