//Pepo Suevos, Cándido Pazó e Isi, os protagonistas do ciclo de monólogos cómicos que organiza o concello de Santa Comba desde este venres 14 de outubro//
O actor Pepo Suevos será o encargado de abrir o vindeiro venres 14 de outubro o ciclo de monólogos cómicos “RiXallas” que organiza a concellaría de cultura do concello de Santa Comba co apoio da Deputación provincial da Coruña.O actor ferrolán participou en filmes como “A Esmorga”, “Pradolongo” ou “El Partido” e en series como “Aquí paz y después gloria” (Telecinco), “As leis de Celavella” ou “Terras de Miranda” na Televisión de Galicia.Tamén apareceu en series como “Matalobos”, “Padre Casares” ou “Hospital Central”.
O ciclo de monólogos “RiXallas” tamén contempla as actuacións de Cándido Pazó e de José Manuel Rodríguez “ISI”, os venres 21 e 28 de outubro respectivamente.Todas as funcións serán gratuítas e desenvolveránse no auditorio do multiusos xalleiro desde as 22:00h.
Esta é a segunda edición dun ciclo que se mantén despois do éxito de público do ano anterior.
Fonte-Nota de prensa Concello de Santa Comba