14 C
Santa Comba
viernes, octubre 4, 2024

Miles de persoas asistiron ao Festival do Leite

//Concerto con varios grupos e recollida de 5.000 quilos de alimentos  para o Banco de Alimentos// A organización correspondeu á firma galega Deleite//

A primeira edición do Festival do Leite foi un éxito e concentrou a máis de 8.000 persoas, segundo datos da organización, que asistiron ao evento desenvolvido no parque de Belvís, en Santiago de Compostela.O obxectivo do festival era reivindicar a importancia do sector lácteo. Celebrouse un concerto no que actuaron Familia Caamagno, Os Rapaces, Novidades Carmiña, Eladio e Os Seres Queridos, Ataque Escampe, ou Dávos Ría, entre outros grupos. Tamén había caras coñecidas como as de Roberto Vilar ou Xosé Antonio Touriñán, este último esforzouse en anunciar o eveneto no «Land Rober Tunai Show» do pasado mércores.

A organización correspondeu á firma Deleite, e tamén tivo unha vertente solidariacon a recollida de 5.000 quilos  alimentos que se doarán á Federación Galega de Bancos de Alimentos.Os beneficios das cantinas destínanse a variaos colectivos que traballan con persoas refuxiadas. Deleite Galego é unha marca impulsada por unha trintena de gandeiros agrupados ao redor da sociedade Leite Noso. Os seus produtos están presentes nos principais establecementos comerciais e cadeas de distribución.

O Festival do Leite iniciou a súa andaina este 17 de setembro en Santiago aínda que terá carácter itinerante. Con este primeiro emprazamento quíxose agfradecer ?aos composteláns ou apoio solidariedade e comprensión que sempre mostraron cos produtores de leite non actos en defensa do sector.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos