Adiante Galicia cumpre este 8 de xullo dous anos de vida. Artigo do director do xornal Xosé Manuel Lema aos lectores deste medio.
@xmlema
Grazas por acompañarnos durante estes dous anos. Grazas por permitir que este soño se fixera realidade. Adiante Galicia era un proxecto desexado que naceu nun momento complexo e nunha contorna difícil. Pero cumprimos os nosos obxectivos con amplitude.
Logramos sobrevivir e estamos a crecer. Por iso neste segundo aniversario non me queda máis que dar as grazas aos nosos patrocinadores, lectores e colaboradores. A tódolos que puxeron o seu grao de area, que saiban que permitiron construír este barco que navega vento en popa. Fixeron posible abrir unha xanela á pluralidade e situar a un humilde xornal dixital entre os máis visitados de Galicia.
No verán de 2014 saímos á luz cuns obxectivos realistas que logramos superar, en audiencia e en repercusión. Dous anos despois estamos a piques de dar un salto moi importante, pero non queremos facelo sen soprar antes estas velas e dar as grazas a tod@s.
Agora é o momento de brindar polo camiño percorrido. Ratificar o compromiso coa nosa terra, coa pluralidade, a tolerancia e a información veraz. E se ti queres, o resto das páxinas desta historia escribirémolas conxuntamente. Adiante!!!!.
Para contactar con Adiante Galicia 627217963 – contacto@adiantegalicia.es