2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

«Foron,Somos» a novela que remove o noso pasado esquencido

Natalia Lema Otero//- A pasada  fin de semana celebrouse a Feira do Libro de Lugo. A cidade amurallada acolleu as diferentes casetas das librarías máis representativas.

Libros, verbas e moitos autores foron a premisa fundamental de dito evento. Entre todas estas actividades tivo unha gran relevancia a presentación da novela “Foron, Somos”  cuxos autores son os lugueses José Estévez e Iria López, escritora do recente libro “Muxicas”. A libraría Cartabón foi a embaixadora deste evento que contou con varias actuacións musicais como de Ascen Romero, a Rexouba, Ying Zi Sun Dong (6 anos) e Nicolás Santoalla (10 anos) entre outros. Ademais disto os colaboradores da novela tiveron a oportunidade de ler os seus relatos que aparecen no libro. Estiveron entre outros Asun Blanco, X.A Rodríguez Vivián, Oti Campos, Matilde Páramo, Belén Rico, X.M Chanteiro e Luisa Arias .

A novela presentase  como un libro vangardista que non pretende ser un máis referido ó tema da Guerra Civil. Un libro onde se pode percibir a veracidade dos relatos, a de tantos e tantos que estiveron no bando republicano e que sufriron as consecuencias do franquismo máis adustas.

Tanto a presentación de Foron,Somos  como a de Muxicas foi un éxito rotundo dado que incluso se superou o aforo do recinto malia o  mal tempo do sábado.Arestora o libro xa se pode mercar nas seguintes librarías: Alusdocandil (Arteixo), Cartabón (Vigo), Pensamentos (Padrón), Biblos (Lugo), Sisargas (A Coruña), Paz (Pontevedra), Pedreira (Santiago), Aira das Letras (Allariz), Lar (A Pobra do Caramiñal), Central Librera (Ferrol) , Day(Narón) e na Brañas, en Carballo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos