13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Segundo aniversario de Radio campUSCulturae

Dous anos de existencia da emisora on line da Universidade de Santiago de Compostela, Radio campUSCulturae.

A emisora on line da Universidade de Santiago de Compostela, Radio campUSCulturae celebrou o seu II aniversario cunha Gala radiofónica na que participaron alumnos non universitarios de varios centros educativos de toda a xeografía galega.O acto, que estivo presentado por Nieves Rodríguez e Carlos Roma, celebrouse o venres 12 de febreiro, véspera do día mundial da radio. No mesmo actuou o grupo Ameva e o dj Paulo Regueiro.

Detrás desta iniciativa radiofónica está o xornalista e locutor, José Antonio España, que traballou en emisoras como a Radio Galega ou Fórmula Hit Galicia.O comunicador de Carballo baseou o seu proxecto fin de carreira na posta en marcha de Radio campUSCulturae, que conta coa financiación da Axencia da Cultura da Unión Europea.

José Antonio España preside unha asociación cultural que coordina a emisora de radio. Esta ferramenta de comunicación plurilingüe, intercultural e interxeracional, está creada para dar voz á comunidade universitaria e tamén a participantes externos que teñan unha idea radiofónica e a queiran poñer en marcha. 

Para obter máis información sobre a Radio campUSCulturae poden visitar a páxina www.campusculturae.com/radiotv e o sitio web da Asociación  www.radiocampusculturae.org, onde tamén están dispoñibles os podcasts de toda a súa programación. 

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos