O programa da Televisión de Galicia homenaxea esta noite a rapaza falecida o pasado luns nun accidente de tráfico.
Máis dun milleiro de edicións e de citas fieis os venres, pero hoxe será un “Luar” especial, xa que como informan desde o programa da Televisión de Galicia desde as dez da noite “estará presente en todo momento a sentida lembranza de Paula Sueiro”.A artista que falecía o pasado luns nun accidente de tráfico no termo municipal de Coristanco, era unha das concursantes do “Recantos”, e por este motivo o equipo do programa e os participantes do certame renderánlle unha homenaxe a Paula Sueiro.
Programa Luar, desde as 22:00
Agárdase unha velada moi especial e moi emotiva, presentada como sempre polo veterano Xosé Ramón Gayoso, acompañado por Matilde Vázquez e Rocío Barrio. No aspecto musical actuará o popular quinteto pop español Auryn, o grupo folk Treixadura, así como La Ricura, Lenda Ártabra, a Banda de Barro de Barcelos, As D´Aló da Vía, a Banda de música de Abegondo e Tony Meijide.
Mentras tanto os familiares e amigos de Paula Sueiro tentan afrontar este duro golpe. En declaracións ao xornal La Voz de Carballo, a nai de Paula Belén Rodríguez trasladaba o seu agradecemento por todo o afecto recibido nestes duros días:”Non son capaz de agradecer a todos os que nos axudaron nestes días. A toda a xente que nos chamou e que veu a vernos, pendentes de nós e de Pauliña”. En similares termos expresábase o seu pai, José Sueiro.