10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Neira Vilas na leira da poesía

Con motivo do pasamento do ilustre escritor Xosé Neira Vilas, Adiante Galicia pediulle un artigo sobre o autor de «Memoria dun neno labrego» a Rafael Lema.

Un home coa traxectoria vital e creativa de Xosé Neira Vilas deixou moitos amigos e tamén actos para a lembranza de moitos. Por iso hoxe perdemos un creador e a un gran home, un humanista libertario. Como tantos nenos da aldea da miña xeración os contos do seu Balbino foi un dos primeiros libros en narrativa galega que lin. Eu coñecino e compartín con el varios actor literarios no Couto, en Ponteceso, desde o 1994 cando vén residir para sempre a súa terra natal.

Andaba presentando Poesía Recadada libro de poemas publicado en Espiral Maior, polo que compartimos colección, xa que eu gañara o Espiral Maior no 1992 e publiquei o meu primeiro libro Cemiterio das Gaivotas un ano despois. Por iso teño coincido e debatido co mestre na compaña de Fernán Vello, Xulio Valcárcel. E recordo desa tempada un emotivo acto cos súa dona Anisia en Corcubión, con Rafael Mouzo como anfitrión. Logo vén outro poemario, Dende Gres, no 2004, tamén na editora e colección onde publiquei Atlántida, o que nos ten de novo achegado. Tantos nos actos de Espiral Maior como nos da asociación veciñal do Couto polo tanto teño compartido moitas veladas co mestre e coa súa dona, Anisia.

No Couto foi onde por primeira vez lle teño falado e no acto de Corcubión con Rafael Mouzo onde tiven a sorte de compartir máis tempo de lecer e escoitar as súas vivencias, sendo a conversa sobre todo cun trasfondo cubano. Polo cariño que lle tivo a Costa da Morte e en especial a ese faro cultural do Couto non é estraño que o patronato da Fundación Eduardo Pondal aprobara este mes solicitar ao Concello de Ponteceso a declaración de Xosé Neira Vilas como fillo adoptivo da localidade e a dedicación do centro cultural da capital municipal. O escritor de Vila de Cruces, converteuse desde os anos 90 no gran valedor, animador e asesor das iniciativas culturales desarrolladas no municipio, colaborador asiduo da Fundación y doutras entidades da comarca.

Emigrou a Bos Aires no 1949, mantendo os vínculos con Galicia nos centros da colectividade galega emigrante que eu ben coñezo e onde vin aínda a súa pegada, como a percibín en Cuba, nunha sala do centro galego convertida en depósito testemuña de ducias de entidades galegas na illa. Casado coa escritora cubana Anisia Miranda, viviu en Cuba 31 anos, regresando ambos a Galicia no 1992 para vivir en Gres, onde dirixían a Fundación Xosé Neira Vilas. O novelista en galego máis traducido e lido, este xornaleiro das letras, é membro numerario da Real Academia Galega, Doctor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Gallega (ensayo). Recibiu as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Unha estrela máis alumea no ceo dos bardos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos