3.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Faleceu Xosé Neira Vilas

.Xosé Neira Vilas faleceu ós 87 anos de idade. Recollemos as mensaxes dos líderes políticos galegos e das principais forzas nas redes sociais.

O autor de “Memorias dun neno labrego” faleceu ós 87 anos de idade no seu fogar de Vila de Cruces.Ao longo deste mediodía seguiremos ampliando a información.O  pleno da Deputación provincial da Coruña gardou un minuto de silencio no pleno que se celebraba hoxe. Tamén se gardou un minuto de silencio na Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia

Pasamento Neira Vilas -Reaccións en twitter

Román Rodríguez- Conselleiro de Cultura

«Hoxe déixanos un dos máis grandes. A cultura galega está de loito. A súa obra e o seu Balbino estarán sempre con nós».

Xunta de Galicia

«Apertas para a familia de Neira Vilas, máis presente que nunca pola franqueza da súa obra e a bondade da súa persoa»

Partido Popular de Galicia

«Lamentamos o pasamento de Xosé Neira Vilas, referente fundamental da literatura galega»

José Ramón Gómez Besteiro- Secretario xeral PSdeG

«Moitos galegas e galegas accedemos por vez primeira á literatura galega da man de Neira Vilas».

Xosé Manuel Beiras- Voceiro AGE

«Morreu Balbino, o 'neno labrego´: é un síntoma do exterminio do campesiñado a mans da barbarie do poder.DEP»                

En Marea

«Só se pode querer a outro pobo quen se sinte unido ao propio». Xosé Neira Vilas (1928-2015) Grazas por todo! 

Marisol Piñeiro-Deputada PPdeG-Pres. Comisión de Cultura Parlamento

Eu tamén son Balbino. Eu tamén son  da aldea. Descansa en paz maestro 

PSdeG

“Hoxe os e as galegas perdemos unha peza importante da nosa cultura, da literatura e do país: Xosé Neira Vilas”.

Podemos Galicia

«Estivemos dacordo en que no mundo hai pobres e ricos e non debería ser así» vaise un grande, vaise Neira Vilas. 

Nós-Candidatura Galega

«A nosa humilde homenaxe a Xosé Neira Vilas, un galego bo e xeneroso. NA NOSA MEMORIA, SEMPRE!»

Xavier Vence- Voceiro nacional do BNG

«Adeus a un gran galego e gran escritor, quédanos Memorias dun neno labrego e moito + #NeiraVilas»

Esquerda Unida

«Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.» Xosé Neira Vilas sempre vivo, sempre presente. 

Xoán Bascuas- Secretario xeral de Compromiso por Galicia

«Eu son Balbino, un rapaz de aldea, como quen dí un ninguén.»As  primeiras palabras que memoricei dun libro en galego. DEP Xosé Neira Vilas.

Xosé Manuel Lema- Director Adiante Galicia

Boa viaxe Xosé Neira Vilas e grazas por pemitirme percorrer os camiños das aldeas fantásticas con Balbino.D.E.P. 

Consulta a biografía de Neria Vilas na wikipedia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos