12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

«Filgueira é un capítulo extraordinario da cultura galega»

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero reivindica con firmeza a figura de Xosé Filgueira Valverde. Non “acaba de comprender” o tratamento que se lle da a este “capítulo extraordinario da cultura galega”.

“Filgueira bateu coa treboada do ano 36 e tivo que tomar actitudes que non sempre foron ben interpretadas” apuntou o egrexio profesor nunha conversa no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas e Fórmula Fun.

Filgueira, tratado con ignorancia e sectarismo

Alonso Montero espera que un libro que escribiu sobre este intelectual e que vai a saír a luz en Edicións Xerais, permita clarexar dúbidas e que “se perdan os elementos de ignorancia ou o sectarismo e o fanatismo co que xulgan a Filgueira”.

Sobre a figura do homenaxeado co Día das Letras Galegas apuntou:“Hai figuras que quedaron atrapadas dentro do esquema franquista como Vicente Risco ou o falanxista Álvaro Cunqueiro ou Francisco Herrera pero ningún deles suscitou a polémica de Filgueira”.

“Filgueira está lonxe de ser un fascista”

Para Xesús Alonso Montero, Xosé Filgueira “está lonxe de ser un fascista”: “Foi alcalde, procurador a cortes e catedrático no franquismo pero non franquista”.

“Foi sempre un obreiro da causa galega como dixo o mártir Alexandre Bóveda” comentou Alonso, que define a Filgueira como “o noso último polígrafo” e “unha figura que se da poucas veces na historia dun país”.

Lembrou episodios destacados como nunha visita do autor pontevedrés a Alemania “foi recibido como un Deus da filoloxía medieval”. Sobre este autor falou o presidente da Real Academia Galega no Instituto Terra de Xallas de Santa Comba. Despois, e acompañado pola escritora Carmen Blanco Ramos, visitou as instalacións de Radio Xallas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos