5.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Filgueira Valverde e a canción da Costa da Morte

A nova de dedicarlle o vindeiro Día das Letras Galegas  2015 a Xosé Filgueira Valverde recupera unha crónica pouco coñecida, como o eminente galeguista prestou a súa man desinteresada ao estudo dun grupo de mozos da Costa da Morte que localizaron una peza musical de gran valor histórico para a comarca e para Galicia na cuberta dun libro relixioso, o dunha confraría de Ponte do Porto.

As festas parroquiais tiñan unha confraría detrás que levaba os gastos das misas, fogos e música. Así na documentación de varias confrarías temos os datos mais antigos de festas locais e da actuación de gaiteiros. E outros achados curiosos.

Nas contas da confraría do Sacramento de Ponte do Porto entre 1760 e 1826 aparecen os gastos feitos polo mordomo nos fogos e no gaiteiro que toca o dia do santo. Esta confraría aínda se mantén en pe. Tamén no libro da confraría do Rosario de Ponte do Porto encontramos pagos a gaiteiro e fogos entre 1707 a 1711. Ademais desta música popular había música sacra, ven de órgano ou de coro, nas festas solemnes.

No arquivo parroquial de Ponte do Porto encontramos a primeira canción documentada na Costa da Morte, e polo de agora inédita. Aparece nas tapas en pergameo do Libro de Bautizados de San Pedro de Leis (anexo de Ponte do Porto) e foi achada en 1990 por Rafael Lema no arquivo parroquial. A través dun amigo común e de xeito desinteresado o libro foi levado ata o investigador Xosé Filgueira Valverde, dono de moitos saberes e que prestou unha estimable contribución a localización do mais vello documento musical da Costa da Morte.

A canción foi datada no seu dia por Xosé Filgueira Valverde sobre 1650, e segundo o erudito nunha carta ao seu descubridor, “este documento ten unha notable importancia histórica, aínda que non transcendental”. Segundo Filgueira, “trátase de música gregoriana en pentagrama, cando o habitual no gregoriano é o tetragrama”. É segundo o citado investigador “unha peza do gradual do introito da feira quarto posct pascha, pero unha música distinta da que figura co Liber Usualis”. Actualmente consérvase o libro parroquial no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. A letra di:

Alleluia

…sederit?.

Ve

nite

benedicti patris mei, percipite regnum”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos